miércoles, 2 de septiembre de 2026

Recollida libros de texto

 Aprezadas familias 

Comeza o curso e imos repartir os libros solicitados ao anpa, as familias avisadas poden pasar polo local o xoves 3 de 16:30 a 17:30 e o venres 4 de 10:00 a 11:00 horas.

Calquera dúbida podedes enviar un correo electrónico anpapenicheies@gmail.c

om

martes, 2 de junio de 2026

Recollida billetes Cíes

 Xa podedes recoller os billetes de Cíes no local do anpa o xoves 4 de 16:00 a 16:30 e o venres de 9:15 a 9:45

jueves, 30 de abril de 2026

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!

 

POLITÉCNICO EN DEFENSA DO ENSINO!!!! 18:30h-  porta do Politécnico 

Únete e acude o 6 de maio ás 18:30h a porta do IES Politécnico para ir todos xuntos 
 

MANIFESTACIÓN POLO ENSINO PÚBLICO 

🗓️ Mércores 6 de maio 
🕖 19h 
📌Cruce Vía Norte con Urzáiz

miércoles, 29 de abril de 2026

Viaxe ás Illas Cíes

 

CAMBIO DE HORARIO DE REGRESO



Saída do Porto de Vigo: 11:00 a.m

Regreso das Illas Cíes: 18:00 p.m
          
              * É obrigatorio estar 30 minutos antes no porto tanto no porto do saída e de regreso, para o embarque

Prezo da excursión:

8,30 €/persona (As crianzas ata 4 anos de balde, pero se teñen que anotar igualmente)
   

Prazo de inscrición:

Do 11 ao 14 de maio no local da anpa en horario de 9:00 a 9:30 e de 16:00 h a 16:30 h.
O pago debe facerse en metálico, importe exacto. 

Autorización aquí



jueves, 19 de febrero de 2026

 

 FOANPAS convoca unha manifestación para visibilizar e denunciar os recortes que están a afectar ó ensino público e que supoñen unha peor atención ó alumnado.



MÉRCORES 25 FEBREIRO 2026

ÁS 19:30 H

DENDE O CRUCE DA RÚA VÍA NORTE CON URZÁIZ ATA A FAROLA

É unha convocatoria conxunta co profesorado e que se replicará en diferentes zonas (Mos, Porriño, Cangas, Ponteareas...).

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!




lunes, 16 de junio de 2025

 Recollida de libros para préstamo da anpa

Aprezadas familias

Dende o luns 16 ao mércores 18 de xuño estaremos no local no horario de 09:30 a 10:00 para recoller os libros que queirades doar.


As solicitudes se farán no correo electrónico anpapenicheies@gmail.com


Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán

lunes, 19 de mayo de 2025

 RELACIÓNS SEN FICCIÓNS


Desenmascarando mitos nas relacións afectivo-sexuais


Cando:


· 14 MAIO DE 2025 (MÉRCORES)


· 21 DE MAIO DE 2025 (MÉRCORES)


Hora: 17:00 H.


Onde: IES Santo Tomé


(Av. Gran Via, s/n, Vigo)


OBXECTIVOS


· Desenvolver un clima de seguridade e confianza.


· Promover unha visión crítica e reflexiva sobre a representación da sexualidade nos medios dixitais.


· Reflexionar sobre a influencia da pornografía na construción de relacións afectivo-sexuais non igualitarias.


· Fomentar o pensamento crítico fronte ao consumo de pornografía.


· Acompañar na construción de identidades sexuais positivas e relacións afectivo-sexuais saudables.


Imparte Andrea López Freire, educadora social.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986298812.


 

domingo, 1 de diciembre de 2024

 Bos días,

Desde a Deputación de Pontevedra e a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico estamos a elaborar o I Plan estratéxico de xuventude da provincia. Deste xeito, precisamos coñecer as necesidades e inquedanzas da mocidade, pois non tería sentido redactar un documento para a xuventude sen contar co seu punto de vista.

Por tanto, se tes entre 15 e 34 anos e vives na provincia de Pontevedra, invitámoste a colaborar a través desta enquisa. Ao realizala, entrarás no sorteo de dous premios:

1.º premio: dúas entradas de balde para un dos Rías Baixas Fest, patrocinados pola Deputación de Pontevedra

2.º premio: unha tableta Lenovo Tab M10.

A enquisa estará dispoñible desde o 29 de novembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.

Pódese acceder a través da seguinte ligazón: https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2965167

sábado, 31 de agosto de 2024

Voltamos a clase !!!!!

Remata o verán e comezamos un curso máis. Na web do IES está o calendario de acollida para este curso 2024-2025










domingo, 23 de junio de 2024

Recollida de libros para préstamo da anpa

Aprezadas familias

Dende o luns 24 ao venres 28 de xuño estaremos no local no horario de 12:30 a 13:30 para recoller os libros que queirades doar.

As solicitudes se farán no formulario de google 

Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán

jueves, 20 de junio de 2024

 INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Cheganos esta información dende Foanpas para aqueles alumnos interesados en estudar Portugués.

En primeiro lugar os/as estudantes deben saber que teñen dereito recoñecido a estudar Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira. Iso pode ser interesante para moita xente por varios motivos, entre eles:
- Porque teñen Inglés atravesado.
- Porque queren subir a nota media de bacharelato.
- Para examinarse de Portugués na ABAU e conseguir unha nota máis alta.

Sen dúbidas, o ideal é que o IES oferte esa materia pero non sempre é posible (número mínimo de estudantes, dispoñibilidade de profesorado, etc).

A alternativa é cursala a distancia no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Só teñen que solicitalo na Dirección do seu centro e esta pedirá autorización á Inspección. É un mero trámite, sempre o conceden. O seguimento das explicacións faise a través dunha aula virtual e os exames trimestrais poden facerse en calquera das grandes cidades galegas.

miércoles, 22 de mayo de 2024

FONDO DE LIBROS

 

FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL CURSO 2024/25

ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024.

PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 21 DE MAIO ATA 21 DE XUÑO(ámbolos dous inclusive)

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 12 DE XULLO

RECLAMACIÓN: 15 E 16 DE XULLO

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 26 DE XULLO

INFORMACIÓN

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

lunes, 22 de abril de 2024

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES!!!!!

ACTIVIDADE ABERTA A SOCIOS E NON SOCIOS


O prazo de inscrición é do 23 ao 26 de abril (ou ata esgotar as prazas) no local da Anpa en horario de 9:15 a 9:45 (de luns a venres) e de 16:00 a 17:00h (martes ). O pago se fará en efectivo no momento da inscripción.

As prazas son limitadas e asignaranse por rigoroso orde de inscrición.

Se precisas máis información envíanos un correo electrónico a anpapenicheies@gmail.com.

Bulide que nos vamos!
 Podes descargar a inscrición aquí.

miércoles, 20 de marzo de 2024

Becas MEC

 Bo día


está aberta a convocatoria de becas para alumnado que curse Bacharelato, FP e outros estudos non universitarios

PRAZO SOLICITUDE:   desde o día 19 de marzo de 2024 ás 09:00h ata o 10 de maio de 2024, ás 15:00h hora peninsular, ambos inclusive.
SOLICITUDES:  A través da sede electrónica do MInisterio de Educación e Formación Profesional

jueves, 21 de septiembre de 2023

 Prezadas compañeiras e compañeiros,

O vindeiro 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. 

Dende a Fundación Salma (Fundación para o Coidado da Saúde Mental en Galicia) propoñen visibilizar a importancia do coidado da saúde mental e a falta de recursos neste eido. E como o faremos? Pois o domingo 8 de outubro xuntarémonos na Praia de Samil (Vigo) para voar papaventos ás 12:00 horas.





Propoñémosvos participar neste OBRADOIRO FAMILIAR para decorar os papaventos. Será o vindeiro MÉRCORES 4 de OUTUBRO 2023 ás de 17:00 a 19:00 h no CEIP ILLAS CÍES (Avenida de Castelao 59, Vigo). Só tedes que vir acompañadas das vosas crianzas e dispostas a desfrutar dunha actividade en familia dando renda solta á vosa creatividade.

Podedes anotarvos enviando un correo a foanpas@foanpas.com ou chamando ó 986298812.

jueves, 7 de septiembre de 2023

CAMPAÑA RUTA ENFERMERA EN VIGO Y PONTEVEDRA

El Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra para informarles que la ‘Ruta Enfermera’, la mayor iniciativa para promover la salud y poner en valor el día a día de las enfermeras, llega la próxima semana a la provincia de Pontevedra de la mano del Consejo General de Enfermería y de nuestro Colegio.

Un gran tráiler enfermero con diversos dispositivos interactivos atendidos por profesionales enfermeros, se instalará los días 11 y 12 de septiembre en la Farola de Príncipe en Vigo y el día 13 de septiembre en la Plaza de España de Pontevedra, en horarios de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas, para fomentar los hábitos saludables entre personas de todas las edades y sensibilizar a la población sobre la labor esencial de enfermeras y enfermeros en todas las etapas de la vida.

El tráiler cuenta con diferentes espacios en los que se mostrarán materiales para la población general y también para las propias enfermeras. Habrá vídeos con consejos saludables, infografías con información sobre distintas patologías, encuestas para conocer la percepción que se tiene de la profesión, un autotest de salud, juegos interactivos, etc.

Además, dispone de dos consultas privadas, lideradas por dos enfermeras que, según su criterio, podrán realizar pruebas para detectar posibles anomalías de salud. A través de los resultados que salgan en el autotest de salud y de las conversaciones de las enfermeras con los asistentes, ellas podrán decidir si es necesario pasar a la consulta para llevar a cabo ciertos exámenes más exhaustivos como espirometría, índice tobillo-brazo (para detectar problemas vasculares) o hemoglobina glicosilada (para detectar sospecha de diabetes), entre otras.

Fuera de la zona de consultas también habrá un espacio destinado a la detección del ictus, gracias a la colaboración del Consejo General de Enfermería con Pulso Vital. Cualquier persona podrá hacerse esta prueba que con tan solo acercar dos dedos al tótem puede reconocer si presenta fibrilación auricular y detectar así a tiempo alguna anomalía.

Durante el tiempo que el tráiler permanezca en ambas ciudades se ofrecerán también diferentes charlas y talleres sobre hábitos saludables y temas de interés general como la iniciación a la RCP o primeros auxilios entre otras.

 



 

Xornada de portas abertas na Escola Oficial de Idiomas - CHINÉS

 Os próximos días 12, 13 e 14 de setembro terán lugar na sede da EOI, na Avda. Emilio Martínez Garrido, 17, unhas Xornadas de Portas Abertas para animar a todas as persoas a aprender ou perfeccionar o uso de linguas estranxeiras. O departamento de chinés fará as súas presentacións nas seguintes datas:

 

Martes, 12: ás 17:30 na aula 31 / ás 19:30 na aula 32
Mércores, 13: ás 9:30 na aula 31

 
A asistencia a estas presentacións é totalmente gratuíta e ten como obxectivo dar a coñecer un pouco máis China, a súa cultura milenaria e a gran importancia que ten estudar chinés para o futuro laboral do alumnado, para mellorar a traxectoria profesional dos adultos, ou simplemente coma enriquecemento persoal.

Estas presentacións están dirixidas tanto ao alumnado maior de 14 anos (e ao que cumpra 14 no ano en curso), como ao profesorado, ás familias e á comunidade educativa en xeral. A duración aproximada das presentacións estará entre 1 e 2 horas.
 
Animámosvos a que participedes nestas Xornadas.

Un cordial saúdo,
 






lunes, 26 de junio de 2023

Novo día recollida libros

 O mércores día 28 estaremos no local da anpa para seguir recollendo os libros prestados así como aquelas familias que queiran ceder os seus libros poden pasarse neste horario:


10:00-11:00 

14:30-15:30

17:00-18:00 

martes, 20 de junio de 2023

Banco de libros da ANPA

 

A anpa organiza o banco de libros en prol da conciencia medioambiental e a acción social coas familias. 

É un programa de gratuidade  de libros de texto dirixido á creación dun banco de libros no I.E.S Nº1 Politécnico para o alumnado da E.S.O , Bacharelato e Formación Profesional.

 Dende o día 1 de xullo xa podedes facervos socios e solicitar libros do noso banco. Recordade que dependemos das doazóns que fan as familias.


Só poden beneficiarse do banco de libros as familias asociadas. Ser socio non garantiza recibir libros, isto depende das existencia da anpa. 

As familias que cedan libros terán preferencia para recibir libros.

Contacta no correo anpapenicheies@gmail.com para doar os teus libros.