jueves, 21 de septiembre de 2023

 Prezadas compañeiras e compañeiros,

O vindeiro 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. 

Dende a Fundación Salma (Fundación para o Coidado da Saúde Mental en Galicia) propoñen visibilizar a importancia do coidado da saúde mental e a falta de recursos neste eido. E como o faremos? Pois o domingo 8 de outubro xuntarémonos na Praia de Samil (Vigo) para voar papaventos ás 12:00 horas.





Propoñémosvos participar neste OBRADOIRO FAMILIAR para decorar os papaventos. Será o vindeiro MÉRCORES 4 de OUTUBRO 2023 ás de 17:00 a 19:00 h no CEIP ILLAS CÍES (Avenida de Castelao 59, Vigo). Só tedes que vir acompañadas das vosas crianzas e dispostas a desfrutar dunha actividade en familia dando renda solta á vosa creatividade.

Podedes anotarvos enviando un correo a foanpas@foanpas.com ou chamando ó 986298812.

No hay comentarios:

Publicar un comentario