Xa podedes recoller os billetes de Cíes no local do anpa o xoves 4 de 16:00 a 16:30 e o venres de 9:15 a 9:45
ANPA Peniche IES Politécnico de Vigo
martes, 2 de junio de 2026
jueves, 30 de abril de 2026
Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!
miércoles, 29 de abril de 2026
Viaxe ás Illas Cíes
jueves, 19 de febrero de 2026
FOANPAS convoca unha manifestación para visibilizar e denunciar os recortes que están a afectar ó ensino público e que supoñen unha peor atención ó alumnado.
MÉRCORES 25 FEBREIRO 2026
ÁS 19:30 H
DENDE O CRUCE DA RÚA VÍA NORTE CON URZÁIZ ATA A FAROLA
É unha convocatoria conxunta co profesorado e que se replicará en diferentes zonas (Mos, Porriño, Cangas, Ponteareas...).
Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!
lunes, 16 de junio de 2025
Recollida de libros para préstamo da anpa
Aprezadas familias
Dende o luns 16 ao mércores 18 de xuño estaremos no local no horario de 09:30 a 10:00 para recoller os libros que queirades doar.
As solicitudes se farán no correo electrónico anpapenicheies@gmail.com
Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán
lunes, 19 de mayo de 2025
RELACIÓNS SEN FICCIÓNS
Desenmascarando mitos nas relacións afectivo-sexuais
Cando:
· 14 MAIO DE 2025 (MÉRCORES)
· 21 DE MAIO DE 2025 (MÉRCORES)
Hora: 17:00 H.
Onde: IES Santo Tomé
(Av. Gran Via, s/n, Vigo)
OBXECTIVOS
· Desenvolver un clima de seguridade e confianza.
· Promover unha visión crítica e reflexiva sobre a representación da sexualidade nos medios dixitais.
· Reflexionar sobre a influencia da pornografía na construción de relacións afectivo-sexuais non igualitarias.
· Fomentar o pensamento crítico fronte ao consumo de pornografía.
· Acompañar na construción de identidades sexuais positivas e relacións afectivo-sexuais saudables.
Imparte Andrea López Freire, educadora social.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986298812.
domingo, 1 de diciembre de 2024
Bos días,
Desde a Deputación de Pontevedra e a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico estamos a elaborar o I Plan estratéxico de xuventude da provincia. Deste xeito, precisamos coñecer as necesidades e inquedanzas da mocidade, pois non tería sentido redactar un documento para a xuventude sen contar co seu punto de vista.
Por tanto, se tes entre 15 e 34 anos e vives na provincia de Pontevedra, invitámoste a colaborar a través desta enquisa. Ao realizala, entrarás no sorteo de dous premios:
1.º premio: dúas entradas de balde para un dos Rías Baixas Fest, patrocinados pola Deputación de Pontevedra
2.º premio: unha tableta Lenovo Tab M10.
A enquisa estará dispoñible desde o 29 de novembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.
Pódese acceder a través da seguinte ligazón: https://www.encuestafacil.com/

