viernes, 9 de octubre de 2026

ESCOLA DE FAMILIAS

 Compartimos esta información que nos envía Foanpas 


ESCOLA DE FAMILIAS

EDUCACIÓN SEXUAL

(PARA FAMILIAS DE ADOLESCENTES)

 

Cando: 

LUNS 26 DE OUTUBRO

LUNS 9 DE NOVEMBRO 

LUNS 16 DE NOVEMBRO

LUNS 30 DE NOVEMBRO


* A inscrición pode facerse a todas as sesións ou de maneira individual nalgunha delas.


Hora: 17:00 H.


Onde: UNED, AULA 5.1 (Av. Beiramar, 59, Vigo)

 

“Se non fala con nós, onde aprende a/o nosa/o filla/o sobre sexualidade? É a influencia do cine educación? Que ensina a pornografía? O control é amor?”. Crearemos un espazo de encontro para familias onde compartir e analizar as ideas e experiencias acerca da educación sexual, así como as mensaxes que transmitimos ás nosas crianzas acerca da afectividade, o amor e a sexualidade.

Será impartido por Martina González Veiga, psicóloga e sexóloga de Con Mucho Gusto! Centro de Sexoloxía.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE XA QUE A CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLE PARA PODER ABORDAR ESTA TEMÁTICA.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12

No hay comentarios:

Publicar un comentario