viernes, 9 de octubre de 2026

ESCOLA DE FAMILIAS

 Compartimos esta información que nos envía Foanpas 


ESCOLA DE FAMILIAS

EDUCACIÓN SEXUAL

(PARA FAMILIAS DE ADOLESCENTES)

 

Cando: 

LUNS 26 DE OUTUBRO

LUNS 9 DE NOVEMBRO 

LUNS 16 DE NOVEMBRO

LUNS 30 DE NOVEMBRO


* A inscrición pode facerse a todas as sesións ou de maneira individual nalgunha delas.


Hora: 17:00 H.


Onde: UNED, AULA 5.1 (Av. Beiramar, 59, Vigo)

 

“Se non fala con nós, onde aprende a/o nosa/o filla/o sobre sexualidade? É a influencia do cine educación? Que ensina a pornografía? O control é amor?”. Crearemos un espazo de encontro para familias onde compartir e analizar as ideas e experiencias acerca da educación sexual, así como as mensaxes que transmitimos ás nosas crianzas acerca da afectividade, o amor e a sexualidade.

Será impartido por Martina González Veiga, psicóloga e sexóloga de Con Mucho Gusto! Centro de Sexoloxía.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE XA QUE A CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLE PARA PODER ABORDAR ESTA TEMÁTICA.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12

miércoles, 2 de septiembre de 2026

Recollida libros de texto

 Aprezadas familias 

Comeza o curso e imos repartir os libros solicitados ao anpa, as familias avisadas poden pasar polo local o xoves 3 de 16:30 a 17:30 e o venres 4 de 10:00 a 11:00 horas.

Calquera dúbida podedes enviar un correo electrónico anpapenicheies@gmail.c

om

martes, 2 de junio de 2026

Recollida billetes Cíes

 Xa podedes recoller os billetes de Cíes no local do anpa o xoves 4 de 16:00 a 16:30 e o venres de 9:15 a 9:45

jueves, 30 de abril de 2026

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!

 

POLITÉCNICO EN DEFENSA DO ENSINO!!!! 18:30h-  porta do Politécnico 

Únete e acude o 6 de maio ás 18:30h a porta do IES Politécnico para ir todos xuntos 
 

MANIFESTACIÓN POLO ENSINO PÚBLICO 

🗓️ Mércores 6 de maio 
🕖 19h 
📌Cruce Vía Norte con Urzáiz

miércoles, 29 de abril de 2026

Viaxe ás Illas Cíes

 

CAMBIO DE HORARIO DE REGRESO



Saída do Porto de Vigo: 11:00 a.m

Regreso das Illas Cíes: 18:00 p.m
          
              * É obrigatorio estar 30 minutos antes no porto tanto no porto do saída e de regreso, para o embarque

Prezo da excursión:

8,30 €/persona (As crianzas ata 4 anos de balde, pero se teñen que anotar igualmente)
   

Prazo de inscrición:

Do 11 ao 14 de maio no local da anpa en horario de 9:00 a 9:30 e de 16:00 h a 16:30 h.
O pago debe facerse en metálico, importe exacto. 

Autorización aquí



jueves, 19 de febrero de 2026

 

 FOANPAS convoca unha manifestación para visibilizar e denunciar os recortes que están a afectar ó ensino público e que supoñen unha peor atención ó alumnado.



MÉRCORES 25 FEBREIRO 2026

ÁS 19:30 H

DENDE O CRUCE DA RÚA VÍA NORTE CON URZÁIZ ATA A FAROLA

É unha convocatoria conxunta co profesorado e que se replicará en diferentes zonas (Mos, Porriño, Cangas, Ponteareas...).

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!




lunes, 16 de junio de 2025

 Recollida de libros para préstamo da anpa

Aprezadas familias

Dende o luns 16 ao mércores 18 de xuño estaremos no local no horario de 09:30 a 10:00 para recoller os libros que queirades doar.


As solicitudes se farán no correo electrónico anpapenicheies@gmail.com


Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán