jueves, 19 de febrero de 2026

 

 FOANPAS convoca unha manifestación para visibilizar e denunciar os recortes que están a afectar ó ensino público e que supoñen unha peor atención ó alumnado.



MÉRCORES 25 FEBREIRO 2026

ÁS 19:30 H

DENDE O CRUCE DA RÚA VÍA NORTE CON URZÁIZ ATA A FAROLA

É unha convocatoria conxunta co profesorado e que se replicará en diferentes zonas (Mos, Porriño, Cangas, Ponteareas...).

Máis que nunca, temos que unirnos e berrar ben forte que coa educación das nosas fillas e fillos non se xoga. É o seu dereito!




lunes, 16 de junio de 2025

 Recollida de libros para préstamo da anpa

Aprezadas familias

Dende o luns 16 ao mércores 18 de xuño estaremos no local no horario de 09:30 a 10:00 para recoller os libros que queirades doar.


As solicitudes se farán no correo electrónico anpapenicheies@gmail.com


Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán

lunes, 19 de mayo de 2025

 RELACIÓNS SEN FICCIÓNS


Desenmascarando mitos nas relacións afectivo-sexuais


Cando:


· 14 MAIO DE 2025 (MÉRCORES)


· 21 DE MAIO DE 2025 (MÉRCORES)


Hora: 17:00 H.


Onde: IES Santo Tomé


(Av. Gran Via, s/n, Vigo)


OBXECTIVOS


· Desenvolver un clima de seguridade e confianza.


· Promover unha visión crítica e reflexiva sobre a representación da sexualidade nos medios dixitais.


· Reflexionar sobre a influencia da pornografía na construción de relacións afectivo-sexuais non igualitarias.


· Fomentar o pensamento crítico fronte ao consumo de pornografía.


· Acompañar na construción de identidades sexuais positivas e relacións afectivo-sexuais saudables.


Imparte Andrea López Freire, educadora social.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986298812.


 

domingo, 1 de diciembre de 2024

 Bos días,

Desde a Deputación de Pontevedra e a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico estamos a elaborar o I Plan estratéxico de xuventude da provincia. Deste xeito, precisamos coñecer as necesidades e inquedanzas da mocidade, pois non tería sentido redactar un documento para a xuventude sen contar co seu punto de vista.

Por tanto, se tes entre 15 e 34 anos e vives na provincia de Pontevedra, invitámoste a colaborar a través desta enquisa. Ao realizala, entrarás no sorteo de dous premios:

1.º premio: dúas entradas de balde para un dos Rías Baixas Fest, patrocinados pola Deputación de Pontevedra

2.º premio: unha tableta Lenovo Tab M10.

A enquisa estará dispoñible desde o 29 de novembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.

Pódese acceder a través da seguinte ligazón: https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2965167

sábado, 31 de agosto de 2024

Voltamos a clase !!!!!

Remata o verán e comezamos un curso máis. Na web do IES está o calendario de acollida para este curso 2024-2025










domingo, 23 de junio de 2024

Recollida de libros para préstamo da anpa

Aprezadas familias

Dende o luns 24 ao venres 28 de xuño estaremos no local no horario de 12:30 a 13:30 para recoller os libros que queirades doar.

As solicitudes se farán no formulario de google 

Moitas grazas pola vosa colaboración. Bo verán

jueves, 20 de junio de 2024

 INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Cheganos esta información dende Foanpas para aqueles alumnos interesados en estudar Portugués.

En primeiro lugar os/as estudantes deben saber que teñen dereito recoñecido a estudar Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira. Iso pode ser interesante para moita xente por varios motivos, entre eles:
- Porque teñen Inglés atravesado.
- Porque queren subir a nota media de bacharelato.
- Para examinarse de Portugués na ABAU e conseguir unha nota máis alta.

Sen dúbidas, o ideal é que o IES oferte esa materia pero non sempre é posible (número mínimo de estudantes, dispoñibilidade de profesorado, etc).

A alternativa é cursala a distancia no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Só teñen que solicitalo na Dirección do seu centro e esta pedirá autorización á Inspección. É un mero trámite, sempre o conceden. O seguimento das explicacións faise a través dunha aula virtual e os exames trimestrais poden facerse en calquera das grandes cidades galegas.