domingo, 1 de diciembre de 2024

 Bos días,

Desde a Deputación de Pontevedra e a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico estamos a elaborar o I Plan estratéxico de xuventude da provincia. Deste xeito, precisamos coñecer as necesidades e inquedanzas da mocidade, pois non tería sentido redactar un documento para a xuventude sen contar co seu punto de vista.

Por tanto, se tes entre 15 e 34 anos e vives na provincia de Pontevedra, invitámoste a colaborar a través desta enquisa. Ao realizala, entrarás no sorteo de dous premios:

1.º premio: dúas entradas de balde para un dos Rías Baixas Fest, patrocinados pola Deputación de Pontevedra

2.º premio: unha tableta Lenovo Tab M10.

A enquisa estará dispoñible desde o 29 de novembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025.

Pódese acceder a través da seguinte ligazón: https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2965167